Portada
Noticias
Eventos
Contacto
Español
Galego
Teatro Municipal: "MARTES DE CARNAVAL"
Teatro, 120 min
[Viernes, 05 de Mayo del 2017]


Venres, 5 de maio, ás 21.30h


Martes de Carnaval
Centro Dramático Galego

As Galas do Defunto e A Filla do capitán



Autoría: Ramón María del Valle-Inclán
Dirección: Marta
Pazos
Movemento: Rut Balbís
Escenografía: Fernando Ribeiro
Vestiario:
Uxía Vaello
Iluminación: José Álvaro Correia
Música: José Díaz e Hugo
Torres
Elenco: Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago,
Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e
Sergio Zearreta.


Martes de Carnaval é historia de España. Preséntanse neste proxecto, por
primeira vez en galego, dous dos esperpentos de Valle-Inclán. O noso autor ataca
directamente aos poderes militares, políticos, monárquicos e eclesiásticos, para
facer un retrato escuro, tráxico e lúcido dun país.
As galas do defunto
comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos
e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do
capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento
de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa
sensacionalista, en 1913.
Valle-Inclán desprega nestas pezas a súa capacidade
satírica e acidez, para conformar así un bodegón da mediocridade e corrupción de
baixa estofa que imperaban nos altos estamentos políticos e militares. Isto é
España, as miserias dos poderosos várrense debaixo da alfombra e aquí non pasou
nada.
Do corazón desta gran chafallada nacional xorden os seus personaxes,
vítimas dunha patria que lles pasa por riba como unha apisoadora e contra a que
se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a
picaresca.
Por fin podemos gozar de Valle en galego. E facelo a través de
dúas pezas tan en sintonía coa nosa realidade. Maxicamente para o seu autor, que
se converte aos ollos contemporáneos en visionario do signo dos nosos tempos.
Traxicamente para nós, que nos atopamos ante a terrible tarefa de asumir que a
nosa realidade (o noso país, Europa, o mundo; a condición humana, en fin) mudou
ben pouquiño desde que Valle escribira que na guerra (...) só se busca o gasto
de municións. É unha porca vergonza. O soldado, se soubese a súa obriga e non
fose un paria, debía tirar sobre os seus xefes (...). E que estas palabras
descarnadas son extrapolables a todas as ordes das nosas vidas.
Esta viaxe
asegura unha travesía divertida, intensa e emocionante. Valle-Inclán presenta en
Martes de Carnaval un delicioso río de inmundicia. Só nos resta tirarnos de
cabeza e gozar do baño. A ocasión ben o merece.


SINOPSES


As galas do defunto
Un soldado retorna á súa patria despois de combater na
guerra de Cuba. Ao chegar, atópase coa Daifa, unha moza que se viu obrigada a
exercer a prostitución despois de ser desprezada polo seu pai a causa dun
embarazo fóra do matrimonio.
Ante o aspecto miserento do soldado, a moza
rexéitao. Este conduce os seus pasos ao cemiterio, onde desenterra o cadáver do
seu recentemente finado caseiro para vestir coas súas ricas roupas e así poder
presentarse ante a Daifa con inmellorable aparencia. O que non espera é que o
seu caseiro sexa o propio pai da Daifa…


A filla do capitán
O Capitán "Chuletas de Sarxento", acusado de dar carne
de prisioneiro no rancho da tropa, elude a xustiza cedéndolle os favores da súa
filla Sini ao seu xeneral, un vividor moi ben posicionado no alto mando
militar.
Por despeito, o namorado de Sini, un pobre músico ambulante, busca
vinganza sobre o xeneral, pero confunde a vítima e asasina un popular home de
negocios que portaba na carteira poderosos documentos.
As tentativas de
ocultaren o crime por parte de todos os implicados provocan unha bola de neve
que deriva nunha sucesión de chantaxes, ameazas, tratos coa mafia, manipulación
xornalística, loitas políticas e sublevacións militares nun fiel retrato dun
país onde as decisións da alta política veñen derivadas dos vicios, os abusos e
a ineptitude dos seus responsables.


http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9054&lg=gal


Xénero: Teatro
Clasificada: +14 anos
Recomendada: Público
Adulto
Duración: 1 h 10 min (As galas do defunto) + 15 min (intervalo) + 1 h
10 min (A filla do capitán)
Idioma: Galego
Prezos: 8€ - 6€



Sesións:
(Pinche no día e hora que prefira para comprar entradas en liña)


Cultura de TuiConcello de TuiXunta de Galicia - Consellaría de Economía e IndustriaGobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y ComercioUnión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo RegionalPlan AvanzaUNION EUROPEAARPADARPAD
2009, Concello de Tui
Nota Legal Contacta